A TERRA

A terra é recordo, é corpo, é lugar do que se vén e ao que sempre se volve, aínda que sexa só coa cabeza. Rinse de min porque falo das aldeas do pasado, das aldeas que xa non existen, das que quedaron a medio camiño entre a memoria e o abandono. Falo con agarimo, pero tamén con dor, porque querer algo non implica cegarse. E eu non estou cego. (Cando chove por dentro) (Obra completa en galego) (1994-2026)

Share