Aquel bico, aquela man, aquel desexo, aquel pracer. Os catro, desde hai tempo, por ti, abertos a lume vivo. Os catro, desde hai tempo, por ti, do teu corpo espido namorados. Os catro, desde hai tempo, por ti, habitantes dun soño durmido das túas ferventes caricias. Aquel bico, aquela man, aquel desexo, aquel pracer. Os catro gardados entre os suspiros dun tempo sen retorno, dormen na miña escura memoria, lonxe dos teus ollos, moi preto da miña alma. Foron só un instante e xa son a eternidade. (Cando chove por dentro) (Obra completa en galego) (1994-2026)
