Ausencia é ver como a escura neve golpea con branca crueldade e saña, unha vez rematada, a ardente caricia que estendiches onte por todo o meu corpo. Deste xeito verás como quedan os nosos corpos espidos sobre un solitario leito de ácido pracer, e o teu perfil, entre mil sombras acariñado, desaparece cuberto do suor das nosas almas. Entón, o meu corpo chora a túa ausencia cheo de soidades. (Cando chove por dentro) (Obra completa en galego) (1994-2026)
