REFLEXIÓN POÉTICA

Á lume do eco poético, os meus versos atopan a súa morada definitiva. Non son palabras soltas no espazo, son palabras incandescentes que continúan ardendo mesmo cando eu, poeta, sucumbo ao silencio. O lume nunca é estático, móvese, transfórmase, consome e alimenta; e así é a poesía que en min medra.

Cada verso non é un mero reflexo, é un novo nacemento, unha pulsación que segue viva e que, terxiversada polo paso do tempo, non perde a súa esencia. O eco, como gardián dos meus versos, protéxeme do lume, permitindo que as súas lapas só iluminen outros camiños, quizais outros corazóns, quizais novos soños.

Cando remata, non hai silencio absoluto, só a continuidade da palabra que se entrega ao vento e se deixa levar polo lume e polo eco, fundíndose co universo e tornándose parte do infinito. A poesía é a lume dese eco e xamais se apaga. Ela transcende a morte en calquera tempo, resiste á escuridade e atopa sempre unha nova forma de existir. (Cando chove por dentro) (Obra completa en galego) (1994-2026)

Share