RETRANCA

Difícil de entender para unha persoa que non coñece en profundidade Galicia. Podemos dicir que é a caralluda habilidade para falar con segundas pretensións, en especial cando se procura unha ironía intencionada no que se di e sae revestida de certo valor creativo e gracioso. Para entender perfectamente a retranca transcribo unha viñeta de Castelao na que o taberneiro lle pregunta ao cliente: «Que che parece o meu viño?». O viño era ruín, pero o paisano saíu do apuro dicindo: «Por onde vai, molla, e como refrescar, refresca». Outros exemplos: «Choverá?» «Se ten que chover, que chova, pero por riba de nós». «Éche o que hai». Dise para xustificar a nota dun exame ou para deixar claro que non está convidada á festa. (Cando chove por dentro) (Obra completa en galego) (1994-2026)

Share