Camiño por unha rúa que non existe neste Madrid mollado. É a miña forma de pensar nela sen romperme. Cada paso trae unha pregunta que non sei contestar. A tristeza sempre chega primeiro, como unha sombra que se adianta. É a tristeza do que non foi, do que calei, do que xa non terá lugar.
Pero despois, sen avisar, aparece unha ledicia pequena: imaxinar o seu sorriso, lembrar un xesto que quizais inventei, unha mirada que tal vez nunca aconteceu. E esa chispa mínima, esa luz que dura un instante, bástame para seguir camiñando. (Cando chove por dentro) (Obra completa en galego) (1994-2026)
Opiniones de los lectores
Nota: 0 sobre 5 😉 0 voto(s)
