SANTIAGO
0 (0)

Nesta madrugada Santiago cheira moi ben. Cheira a bolboretas nocturnas nun camiño de estrelas e a primavera de augas singulares; cheira ao bautismo do sagrado incenso que percorre as rúas e a un vento fresco cheo de augas calmas. Como un artesán destro, a man deste vento pule o silencio das rúas cubertas de orballo, e a súa tea invisible de liño aromatiza o aire con cinzas case santificadas. Vetustas campás do ceo dobran sinfonías de pedra! Santiago, lévote sempre no meu pensamento, lévote na memoria ferida que saia continuamente a dor do meu sangrar. Santiago, son como un esmoleiro perdido de nostalxia que recolle neste lugar santo un ramo de gardenias e unha armadura de viva paz. Sempre Santiago no meu pesar. (Cando chove por dentro) (Obra completa en galego) (1994-2026)

Opiniones de los lectores
Nota: 0 sobre 5 😉 0 voto(s)
Share