UN TIPO NORMAL
0 (0)

Si. Son un tipo normal. Dos que se namoran cando coñecen unha muller de encantos meigos, verbo ocupado e mirada enigmática. Dos que non saben dicir cando a outra persoa, neste caso ti, pide con clemencia un si posesivo e mordente. Dos que camiñan pola rúa como quen conversa en segredo coa terra. Dos que buscan a calor dunha man feminina mentres choran o último fracaso amoroso. Dos que abren a fiestra pola mañá para que a luz do día entre descalza e se deite con el. Dos que, mentres sosteñen unha cunca de café quente entre os seus dedos desamparados, confunden un bico cunha mentira. Si. Son deses. (Cando chove por dentro) (Obra completa en galego) (1994-2026)

Opiniones de los lectores
Nota: 0 sobre 5 😉 0 voto(s)
Share